Maximizar Ventana Minimizar/Cerrar Ventana

O concello de A Veiga pertence ó partido xudicial de O Barco, á comarca de Valdeorras, á provincia de Ourense e á Diócese de Astorga, Arciprestazgo de A Veiga. Está delimitado ó norte polo Barco, Carballeda e Petín de Valdeorras; ó sur por Viana do Bolo, ó leste pola provincia de Zamora e ó oeste polo Bolo.

Ten unha poboación de 1538 habitantes, segundo a última renovación do padrón de habitantes referida ó primeiro de maio de 1996. Comprende as parroquias de Baños, Candeda, Carracedo, Casdenodres, Castromao, Castromarigo, Corexido, Corzos, Curra, Espiño, Edreira, Lamalonga, Meda, Meixide, Prada, Prado, Pradolongo, Ponte, Requeixo, Riomao, San Fiz, San Lorenzo, Santa Cristina, Seoane, Valdín, Vilaboa, Vilanova, Xares e A Veiga. A capitalidade do municipio radica na parroquia de A Veiga, que dista 137 Km da cidade de Ourense e comunícase por tres estradas locais.

Ten unha extensión de 291 Km cadrados (o máis extenso da provincia) e unha altitude media de 1024 metros. A Veiga é un dos municipios máis elevados da provincia de Ourense, onde se atopa a maior altitude de Galicia: o pico de Pena Trevinca, con 2127 metros.

Salvo os ríos Corzos, Xares e Requeixo, os restantes son regatos que se caracterizan pola pendente. Son moi rápidos e con gran poder erosivo, dando lugar a estreitos e profundos vales de gran fermosura.

O río colector de toda esta rede de augas é o Xares, afluínte do Bibei, que nace a 2040 metros de altitude, nas proximidades de Pena Trevinca. Ten un perfil moi quebrado, nos seus primeiros tramos presenta un descenso rápido e moi encaixado. Os seus principais regatos tributarios son "O Medalas", "O Requeixo" e "O Corzos". É de réxime pluvionival, cun máximo absoluto nos meses de marzo e abril, e mínimo en agosto. Na década dos cincuenta construíuse na parroquia de Prada o encoro do mesmo nome.

A temperatura media anual é fresca, sen sobrepasar o conxunto os 8ºC, e a oscilación térmica é elevada, sobre todo nas terras situadas a máis de 1300 metros. Os invernos son duros a causa das baixas temperaturas e da presencia da neve. As estacións intermedias son cortas, os veráns templados con noites claras e frescas, os meses máis cálidos son xullo e agosto, que alcanzan unha media de 15ºC.

(Extraido de www.aveiga.es)

Para Contactar con www.casdenodres.com :