Maximizar Ventana Minimizar/Cerrar Ventana

A xente de Casdenodres celebrou o dia 3 de Novembro o Magosto popular. Non faltaron os billotes asados no cacho, preparados pola Rosario (que non conta o segredo, pero cada ano lle saen mais deliciosos), maila panceta e os chourizos asados, este ano, entre outras, da man da Aurora, que acabou ca cara ben colorada, non se sabe se polo calor que desprendia o lume ou polo viño novo que bebera, calquera sabe...Non se poden sacar de casa, son coma nenos pequechos...

Por certo, moita participación, haber se o ano que ven vos animades os que estades por ahí fora, xa mandaremos algunha foto para que morrades de envidia, si Matilde, si, xa sei que ti non nos vas fallar...

Anda preto xa o nadal, e cos Reis Magos, outra festiña (o noso é a gastronomia). Esperamos facer coma o ano pasado, que cantamos os Reis polo pobo adiante (e que xeadiña, lembrádesvos???), de casa en casa, coas panderetas, cantando villancicos e o Xano tocando a gaita (que ven se lle da carallo). En cada casa nos ian enchendo a cestiña, ali habia de todo, ovos, chourizos, cartos, licores...Haber se os mais mayores se animan e participan este ano.

Pero bueno, festa, festa, a de Entroido, ahí por Febreiro, onde a lardeira e o lardeiro non faltan en Casdenodres.

Iremos pensando nalgún disfraz, para correlo entroido polo pueblo.

O mellor, a festa do pueblo, en honor a San Salvador, o dia 6 de Agosto, alborada polo pueblo, vermut no taller con charanga, baile tarde e noite, un ano mais saida do carro... (Grazas a Begoña polo texto)

Para Contactar con www.casdenodres.com :